xoves, 29 de novembro de 2012

Un libro ou/ e un quilo: Comparte !!!

Nos tempos que vivimos cada vez é máis necesario pensar nos demais, por iso nestas datas tan especiais a Biblioteca do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes lanza esta campaña. Trátase de achegar un quilo de comida non perecedeira ( lentellas, arroz, azucre, botes de froitas , turrón…) ou/e un libro. 
Todos os libros serán de lectura, en bo estado e empaquetados especificando título, autor e idade para a que é adecuado. 
Tanto a comida como os libros serán enviados a Cáritas Diocesana de Lugo. Podedes entregar a vosa aportación na nosa Biblioteca durante a semana do 3 ao 7 de Decembro.


luns, 12 de novembro de 2012

Olimpiada Solidaria de estudio

A ONGD Coopera ven de poñer en marcha a X olimpiada Solidaria de Estudio. Será desde o 5 de novembro ao 5 de decembro. Se queres máis información entra no enlace www.olimpiadasolidaria.com
Podes consultar a sala de estudo á que podes ir para cooperar neste proxecto. Xa sabes é moi sinxelo por cada ora que ti estudes nesa sala ,a ONGD Coopera, recibirá un Euro para os seus proxectos por parte das empresas solidarias.

mércores, 17 de outubro de 2012

Erradicar a pobreza

Hoxe, 17 de outubro é o día internacional para erradicar a pobreza. En 1993 foi declarado pola Asamblea Xeral das Nacions Unidas , co propósito de promover maior conciencia sobre a necesidade de erradicar a pobreza e a indixencia en tódolos países, en particular nos países en desarrollo, necesidade que se convertiu nunha das prioridades do desarrollo.
Na Cumbre del Milenio, os xefes de estado e de goberno, comprometeronse a reducir á mitade, hasta o ano 2015, o porcentaxe das personas que viven na indixencia e que os seus ingresos sexan inferiores a $1 dólar por día.